Esta semana imos traballar dende a aula de reli o corazón como símbolo do amor e o cariño cara ós demáis. Seguide os seguintes pasos:
1.- Debuxar un corazón en medio folio ou en cartulina blanca se tendes a man (haberá que axudar os máis pequenos).
2.- Escribir dentro en letras maiúsculas cun rotulador: PARA QUERER. (Os maiores xa poden intentalo sós).
3.- Decorar e colorear por dentro ó voso gusto.
4.- Os que xa poidan, pican ou recortan polo borde do corazón.
5.- Facerlle dous buratiños para pasarlle un cordón de lan e poder colgalo ó pescozo ou en calquera outro lugar. O cordón podemos rellenalo de macarróns pintados con rotuladores ou pintura de dedos para que quede máis vistoso.
6.- Podemos regalarllo a alguén da familia.
E para rematar, botamos unha ollada a este vídeo. A ver se vos gusta a canción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario