sábado, 9 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

OLAA FAMILIAS!!

Sabedes que dentro dunha semana celebramos o Día das letras  galegas? Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, escritor, maestro, investigador da nosa lingua e literatura galega?

Desde o equipo de dinamización e biblio, e dunha maneira diferente, xa que non estamos no cole,  queremos aproximar aos peques da escola un anaquiño da vida e obra deste autor. Así que, precisamos da vosa axuda para que lle leades  unha  anécdota do   seu amor polos animais (contada no seu relato "As pitas baixo a chuvia" sendo un superheroe protector deles.  E ,  podedes contarlle tamén, que unha das superheroínas de Ricardo cando era pequeno  foi  Rosalía de Castro? 

Cando terminedes de ler, podedes facer a actividade proposta debuxando a Ricardo con superpoderes para coidar aos animais. Se vos apetece tamén hai un debuxo para pintar libremente. E por último, por curiosidade, sabiades que Ricardo tiña un lugar onde se sentía  libre e feliz, chamado Os Tumbos? Cal é o voso lugar favorito?




MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!
Máis curiosidades no blog de dinamización da lingua

No hay comentarios:

Publicar un comentario