jueves, 30 de abril de 2020

RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN


 É importante que os nenos e nenas aprendan que en determinados momentos teñen que estar tranquilos e relaxados. A práctica da relaxación presenta moitos beneficios, mellora a seguridade en sí mesmos, mostrándose máis sociables, menos agresivos e incrementa a súa alegría e espontaneidade. Cada día debemos ter momentos de relajación con eles, para percibir os beneficios nas nenas e nenos.
Desde a Aula de Candi  coa axuda da profe Finu, propoñemos varios exercicios para facer con calma , acompañad@s ou individualmente , sentindo e controlando a nosa respiración e movementos ata chegar a unha relaxación o máis plena posible e moi necesaria.








miércoles, 29 de abril de 2020

SOPRANDO E SOPRANDO

Ola pequech@s!!!
Esta semana imos a facer o que tanto vos gusta... Recordades cando visito as vosas clases cunhas caixas que dentro levan unhas pelotiñas e uns paus un pouco raros? Pois como non podemos vernos polo señor Coronavirus, non imos deixar de soprar e soprar. Iso sí, vós tedes que construir a máquina de sopro!!
Tranquil@s!! Aquí vos deixo as indicacións.
"Para crear este sinxelo xogo só necesitaredes unha palliña de plástico flexible, papel, tesoiras, un bolígrafo ou lapis, cinta adhesiva e unha pelota pequena e lixeira, feita por exemplo de papel de aluminio. Primeiro, traza un círculo sobre unha folla de papel. Logo, recórtao e fai un corte deténdote á metade do diámetro (iso é, faille un corte formando o radio do círculo). Co círculo recortado e cortado, faille un embude e fíxao con cinta adhesiva. No embude faille un buraco e mete por el o extremo curto da palliña. Fixa o embude á palliña con cinta adhesiva para que o aire só pase a través do buraco. Finalmente, coloca unha pequena pelota no embude e sopra polo lado longo da palliña"
Tamén vos deixo un vídeo explicativo por se vos gusta máis do xeito que explican.

Veña, a flotar esa pelota!

niños en casa cómo entretenerles

MAIO FLORIDO

Ola familia!
         Xa estamos a piques de entrar no mes de Maio! Natureza e beleza compartida. Este domingo 3 de maio, festa das flores, do fío, da agulla, dos pampullos, laranxas,  fiúncho, imaxinación e traballo en equipo. 

A tradición dos Maios permanece ao longo dos anos en diferentes vilas e cidades galegas. Nas súas orixes estaba ligada ao ciclo agrario, e segue mantendo o sentido de celebración da aparición da vexetación e da floración.
A estructura do maio está feita con varas de vimbio, recuberta con fiúncho, xestas, espadanas, etc e adórnase conflores, laranxas, bandeirolas de papel, casca de ovo,... o cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construcción do maio.

Dende a Aula de Candi propoñemos para estes días, actividades para celebrar esta festa: figuras de maios en volumen, en plano, recortables, experimentos  divertidos... A escoller!!









OS MAIOS | VV.AA. | Comprar libro 9788498651522


martes, 28 de abril de 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA.....EN CASA

Bos días rapazada!

Hoxe é o Día da Educación Física na Rúa....en Casa, así que, para celebralo, vos propoño que fagades algunha actividade relacionada coa Educación Física na vosa casa, que vos parece? Xogos, bailes, ximnasia, circuitos...o que se vos ocorra, pero o importante é MOVERSE!
Aquí vos deixo tamén o enlace a unha divertida actividade que nos propón o COLEF (Consejo General de la Educación Física y Deportiva). Se queredes, podedes compartir os vosos vídeos e fotos no novo PADLET DE EDUCACIÓN FÍSICA, premendo AQUÍ. Pasádeo moi ben!


lunes, 27 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA IV

Boas familias!!

Comezamos a semana cunha nova colaboración, hoxe contanos un conto....

BRUNO E A SÚA MAMÁ!

 Estades preparados para escoitar a historia do bruxo Caramuxo? NON SON CARAMUXO, SON CARABUÑAS! 

Pois iso...
 CARABUÑAS 



PROFE MARILÓ E AS EMOCIÓNS

Ola nenos e nenas!
Esta semana  profe Mariló nos presenta  un conto sobre un coelliño que cando se enfada sinte cousas moi extrañas no seu corpo. A vós pasavos o mesmo? Pois intentade escoitar atentamente este contiño e ver se recoñecedes esta emoción e cómo podemos xestionala. 
Unha aperta grande!

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Bos días a todos e a todas,

Como vos foi a Semana do Libro? Léstedes moito? Con todas as propostas que mandastes, eu sí, seguro que vos tamén!
E que tal o día de onte? Por fin un paseíño pola rúa. Espero que aproveitarades para correr, saltar e estirar ben as pernas e os brazos, que boa falta nos fai. Pouco a pouco volveremos a xogar como antes, iso seguro, pero mentres.....vamos con actividades de Psicomotricidade na casa, sobre todo pensando nos máis pequenos do cole. 
Fai tempo que non facemos os nosos circuitos, así que, para remedialo un pouco, aquí vos deixo unhas PROPOSTAS para que lembredes un pouco como repetíamos os exercicios que facíamos en inglés. 

CLASE DE JENI 

AULA DE CANDI

A DISFRUTAR!!!!!


MÚSICA

HOLA!
Para esta semana, e desde a Aula de Candi, profe Jose nos propón estas actividades musicais para xogar en familia...

PROPOSTA TEACHER ESTHER

HELLO!
Dende a Aula de Candi, teacher Esther nos propón estas actividades para facer durante esta semana. Cada cor ten un vídeo de introducción e outro para que asocien a cor coa palabra e sa repitan. Como son os mismos videos , pero cambian a cor , é mellor presentarlle os videos de cada cor un día distinto.


domingo, 26 de abril de 2020

RELIXIÓN - A NATUREZA, OBRA DE DEUS.

Olaaa, chicaz@s!!:
Para esta semana propóñovos elaborar diferentes elementos da natureza coa axuda da plastilina que poidades ter a man pola casa.
Douvos unhas ideas pero de seguro que se vos van ocorrir moitas cousas, pensade...

SOL: bola redonda á que lle podemos clavar escarvadentes (palillos) pintados de amarelo.
FLOR: bola central redonda á que lle clavaremos pétalos feitos en cartolina.
CARACOL: churro enrolado. Pegar outro churro un pouco levantado.
XOANIÑA: bola un pouco ovalada con boliñas pequenas negras e liña central.
ARAÑA: Tres bolas de diferente tamaño unidas e oito churros pegados, catro a cada lado da bola central, facendo de patas.
ÁRBORE: cilindro cunha bola máis ou menos alargada ou achatada enriba.

                                                 Veña, a discorrer, seguro que pensades cousas estupendas!.

viernes, 24 de abril de 2020

FOMENTANDO LA LECTURA


CONTO CORONA VIRUS

Ola superheroes e superheroínas!

 Para tod@s, compartimos  esta presentación sobre a nova situación que imos ter a partir do 26 de Abril. Está contada dunha maneira sinxela e moi fácil de entender. Despois de ve-lo, se vos apetece e tedes ocasión, podiades facer un debuxo de vos mesm@s cos vosos poderes contra o corona virus e colgalo na vosa xanela.

Ánimo que xa queda menos :-) 

















CONTOS EN FAMILIA III

Hoxe en contos en familia, veremos un libro de dinosauros contando coa colaboración de ....

BLANCA E A SÚA TÍA JESSI!



MOITAS GRAZAS FAMILIA!

jueves, 23 de abril de 2020

CONTOS EN FAMILIA II

Novo contacontos en familia! Hugo, Iria e a súa mamá Fernanda escolleron unha das mellores historias para compartir con nós. 

OS TRES PORQUIÑOS!

Preparados para escoitala? Ahí vai...




MOITAS GRAZAS FAMILIA!

CONTANDO E CANTANDO

Olaa ! 
Dende a Aula de Candi lanzamos para todos a rapazada de infantil esta pregunta, lembrades como comezabamos a ler contos? Pois aqui vos queda esta canción de Pablo Díaz para que cando contedes as vosas historias o voso público se vaia animando e preparando  supervisión, superoído e  atención para escoitar e disfrutar coa vosa voz e os vosos xestos (lembrade falar a modiño). Bo día do libro!!

miércoles, 22 de abril de 2020

INVENTANDO HISTORIAS

Ola pequech@s!!! Hoxe celebramos o Día do Libro e, como non podemos estar no cole, propóñovos unha actividade para que parezca que estamos nas clases de estimulación da linguaxe.
Imos a inventar historias!!!!
Primeiro tedes que preparar os cubos. Aquí vos deixo de varios temas: personaxes, lugares, medios de transporte e obxectos. E tamén un en branco por se queredes facer algún coas cousas que vos gusten. Decoradeos para que queden fermosos e listos para usar!!! 
Así que, tiramos os dados e inventamos historias. Se queredes podedes mandarnos fotos ou as historias inventadas a: torredaspalabras@gmail.com
Moitos bicossss e Feliz día do Libro!!!







CONTOS EN FAMILIA I

Hoxe comparten un conto con nós...

 A familia Pazó Campos! 

Co conto "DE QUE COLOR SON LOS BESOS".

 


MOITAS GRAZAS FAMILIA!

martes, 21 de abril de 2020

22 DE ABRIL DE 2020. DÍA INTERNACIONAL DA TERRA

O equipo de Voz Natura e da Biblioteca queremos celebrar o 22 de abril: "Día internacional da Terra". 
Este curso somos Ecoheroes que queren levar a cabo accións encamiñadas a loita contra o cambio climático. E propoñémosvos a seguinte actividade relacionada co Día da Terra e o Día do Libro. 
"Creade un marcador para os vosos libros con material de reciclaxe que teñades na casa". Aquí tedes un vídeo explicativo e algunhas imaxes.


E non esquezades facerlle unha foto aos vosos traballos e mandala a: torredaspalabras@gmail.com. Así ensinaremos a tod@s eses marcadores defensores da Terra.
Queremos rematar con algúns consellos que debedes levar a cabo para mellorar a situación do noso planeta terra. 

+ Tedes que falar á xente sobre os beneficios das enerxías renovables, e o malas que son as enerxías fósiles para o noso mundo. 
+ Aconsellar a todos que por un día, desconecten a súa conexión a Internet e que apenas gasten electricidade. 
+ Outra idea é plantar unha árbore. E convidar os vosos amigos a facer o mesmo.
+ Xoga cos nenos na rúa. Aproveita este día para ensinarlles por exemplo a importancia de coidar do medio ambiente pero non desde casa, ou desde un computador.
+  Dicir a esa persoa que arroxou lixo na rúa, que a levante e tírea no contedor do lixo. 
+ Reciclar, e alentar aos vosos amigos tamén a que o fagan. Que saibades que é biodegradable e que non o é. 
+ Non utilicedes bolsas de plástico, e se se teñen que usar, o mellor é reciclalas. Podedes utilizar as que vos dan nos comercios como bolsas de residuos. Pódense difundir estas ideas entre os vosos amigos. Miles de animais vánvolo a agradecer.
 Rematamos cos títulos dos proxectos de centro e Voz Natura: 
"I´ve got the power" e "- plásticos + vida" e unha canción polo Planeta.


CONTOS EN FAMILIA

Ola familias! 
Quero compartir con vós este conto que de seguro lles encanta aos peques. Está contado contando cunha colaboración moi especial para min. Dende a nosa casa, esperamos que os desfrutedes tanto coma nós desfrutamos contándovolo.
Aproveitade esta semana de conmemoración do día do libro para compartir lecturas en familia. E por suposto que nos encantaría que compartirades con toda a comunidade educativa as vosas lecturas. 
Poñédevos en contacto coas vosas titoras para mandarlles os vosos contacontos.



lunes, 20 de abril de 2020

CONTOS DE PROFES

Olaa  familias! 
Sabiades que esta semana celebramos o día do libro? Seguro que sí e que lle botastedes unha ollada ao blogue de biblioteca onde se propón esa actividade tan chula onde se vos convida a facer un booktuber  (un video en galego se é posible, presentando-recomendando un libro para os compis), e mandalo ao correo da biblio  torredaspalabras@gmail.com


Para ir abrindo esta semana do libro, a profe Sara agasállanos cun conto escollido por ela e que nos invita a dialogar e reflexionar. Estade moi atent@s e averiguade o que nos quere ensinar!! Terá algo que ver coa conciencia social, é dicir, coa tolerancia e a aceptación de nós mesmos?... 

Cómo se sinte Mara ao principio, e ao final? 

Mara di que o seu pelo é como céspede recén cortado, que ten unha orquestra na barriga, que ten un dedo curioso, que lle ruxen as tripas... Vos atreveriades a facer un debuxo de vos mesm@s ? Invítovos a facelo dunha maneira diferente... Xa que o ilustrador André Neves utilizou a técnica de COLLAGE utilizando recortes de revistas, fotos, papeis variados... Por qué que non o intentades tamén ? Podedes pegar ou debuxar a vosa cara e a partir de ahí...



MOITAS GRAZAS PROFE SARA!!

PROPOSTA TEACHER ESTHER

Hello! Dende a Aula de Candi, Teacher Esther proponnos estas actividades para a semana do 20 ao 24 de Abril.  Cantade, xogade e disfrutade como vos sabedes!!






domingo, 19 de abril de 2020

RELIXIÓN - CIRIO PASCUAL

Acabamos de rematar fai pouquiño a Semana Santa. Nesas datas en todas as igrexas se acende unha vela chamada CIRIO PASCUAL, que nos indica que a luz de Deus nos acompaña durante todo o ano.
Podedes pedir axuda na casa para que vos dibuxen unha vela como a do modelo que tedes na seguinte ligazón (unha soa) e os de 5 anos podedes intentalo vós. Logo sería repasar a cruz, colorear e incluso recortar e colocar nalgún lugar como na ventá.

Picade aquí para ver modelo.


viernes, 17 de abril de 2020

ACTIVIDADE SENSORIAL

Ola familias!
Un dos recunchos da aula que máis lles gustan aos pequenos é a mesa sensorial. Nesta mesa temos tres cubetas cada unha cun elemento, fariña, sopa e lentellas. Os rapaces desfrutaban facendo trasvases, amasando, manipulando, en definitiva, experimentando con diversos materiais.
Hoxe, aproveitando que o día está moi feo, ímonos meter na cociña e imos a elaborar unha receita que non sendo para comer, de seguro que vai a ser unha boa proposta para ter aos pequechos entretidos. Iso sí... tede a vasoira á man!!

RECEITA DE AREA CINÉTICA

 
INGREDIENTES:
  • Medio kilo de fariña.
  • 50 ml de aceite (xirasol ou oliva).
  • Colorante alimenticio (opcional).  
PREPARACIÓN:

Vertemos nun recipiente a fariña e engadímoslle o aceite. Mezclamos ben ata obter unha masa homoxénea e pouco a pouco ímola desmenuzando. Se non se pode separar con facilidade debemos engadirlle un pouco máis de fariña. Se queda demasiado seca engadirémoslle un pouco máis de aceite.

Unha vez lista, esta area ten moitas posibilidades, como material sensorial para manipular, modelar ou como base para formar minimundos para os animais ou os coches.

 Espero que vos guste, nada máis de momento, así que mans á masa!!!

DE PELÍCULA...

Olaaa!
Dende a Aula de Candi, propoñemos escoitar esta canción e descubrir personaxes de película. Seredes capaces de recoñecer algún e saber a cual pertence? E poderíades contar cal é a vosa pelí favorita e porqué? Seguro que sí ! poñede en funcionamento os vosos poderes visuais, auditivos, memorísticos e seguro que nos sorprenderemos.


Bo disfrute en familia!!



TAMÉN EN VERSIÓN KARAOKE



jueves, 16 de abril de 2020

XOGOS DE "ANDAR POR CASA"

Boas de novo Familias, 

Hoxe vos propoño facer unhas carreiriñas pola casa, pero levando algo nas nosas mans: UN PAPAVENTOS!

NESTE ENLACE tedes as instruccións para construír un dun xeito moi, moi sinxelo, e que pode voar sen necesidade de que haxa vento, só tedes que CORRER!

Moito ánimo e....A XOGAR!!!

CONTOS DE PROFES IV

Boas!! Seguimos a recoñecer as cores que non rodean! Fixástesvos ben nas cores da vosa cociña, e nas do voso cuarto, incluso das cores que se poden ver dende a vosa xanela?
Aquí deixamos este contiño escollido e contado pola profe Finu, escoitade, desfrutade e axudádelle a facer os sons!!  Seguro que se vos ocorre facer algún xogo, algunha adivña ou a contar de que cores son os vosos xoguetes, animais, roupa,  favoritos...



MOITAS GRAZAS PROFE FINU!!

miércoles, 15 de abril de 2020

XOGO DE SOPRO

Ola pequech@s!!! Como non podemos ir a xogar a un campo de fútbol, propóñovos que fagades un para xogar na casa. Pero este campo ten que ser máis pequeno e non movemos a pelota cos pés senon coa boca. Así tedes que cargar moi ben os pulmóns!!
Necesitades unha das partes dunha caixa de zapatos (canto máis grande mellor), un vaso de cartón ou plástico, dúas pallas, unha bola de algodón e un rotulador.


Pintamos o campo, cortamos o vaso pola metade e os pegamos no sitio das porterías e listo para xogar. Recordade que este xogo vale para calquera idade. Moita sorte!!!!


O BOSQUE EN ABRIL

Hola familias!
Cada inicio de mes analizamos o libro "Un año en el bosque" xa que se perciben moi ben os cambios de estacións mes a mes, ademais as súas personaxes resúltanlles moi atractivas e en cada páxina están facendo algo diferente e que as caracteriza. 

Así traballamos a observación atenta, fixándonos moi ben en tódolos detalles, despois cada un de nós achégase a compartir cos compis que foi o que máis lle chamou a atención, para despois de escoitar todas as súas aportacións pasar a rolda de preguntas de aspectos que non comentaron e voltar así a unha nova observación máis detallada.

Deixovos a páxina inicial cos animais protagonistas e mais a foto do mes de abril para que analicedes xuntos na casa.
Espero que a desfrutedes!






martes, 14 de abril de 2020

DÍA DOS BICOS

Ola rapazada!! Sabedes que onte foi o día internacional dos bicos? e tamén da astronomía? Pois sí, e desde a Aula de Candi  invitámosvos a escoitar e disfrutar de este fantástico libro de Rocío Bonilla "¿De que color es un  beso?"  Seguro que despois se vos ocurre unha chea de actividades para facer , entre elas decorar os beizos libre e creativamente con diferentes materiais, facer un libriño de cores, inventar trabalinguas de cores...Seguro que a vosa imaxinación non ten límites!!!

Pero, realmente, de que cor son os bicos para vos? e por qué?









DE QUÈ COR SON OS VOSOS BICOS?!!

lunes, 13 de abril de 2020

AMAZING EASTER EGG HUNT with KATIE

Boas Familias!

Volvemos de novo da man da nosa encantadora Auxiliar Katie, que nos sorprende cun fantástico vídeo para preparar unha Búsqueda de ovos de Pascua, moi divertida! Dádelle ao "play" e....a APRENDER e a XOGAR!


PROPOSTA TEACHER ESTHER

Dende  a Aula de Candi  (Inf 4 anos), teacher Esther proponnos estas divertidas actividades para facer esta semana do 14 de Abril. Picade nelas e disfrutade cantando e bailando como sabedes 😀😀




RELIXIÓN - Parábola da ovella perdida

Esta semana toca ver e repasar unha parábola (algúns xa a coñecedes pero outros inda non).
Mándovos un vídeo coa parábola e tamén unha canción moi bonita que de seguro vos vai gustar.
Ó rematar podedes intentar debuxar unha ovella nun folio e decorala con algodón, anaquiños de papel ou o que se vos ocurra...
            
                                   

viernes, 3 de abril de 2020

EASTER EGG HUNT

Boas familias,

Como xa estamos case en Pascua, que vos parece facer na casa un xogo divertidísimo relacionado con esta temática? NESTE ENLACE atoparedes as instruccións dunha EASTER EGG HUNT, para xogar en familia. The EASTER BUNNY esconde os ovos e os demáis... a buscalos! 

Este xogo está baseado no que realmente xogan en EASTER os rapaces e rapazas de países de fala inglesa, como os Estados Unidos, de donde é Katie.

Se vos apetece saber un pouco máis desta tradición, pinchade na imaxe de debaixo, e poderedes ver un traballo realizado por unha compañeira de outro cole, onde explica esta celebración á perfección.

HAPPY EASTER!


Easter Celebrationsin the United StatesCEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ –OURENSEBy Erika Nielsen



RECEITA DE BISCOITO INCLUSIVA

A profe Mariló proponnos para estes días facer en familia un biscoito bi color. Animádevos e mostrade os vosos resultados!

Bon apetit!!