Ola familias!
Un dos recunchos da aula que máis lles gustan aos pequenos é a mesa sensorial. Nesta mesa temos tres cubetas cada unha cun elemento, fariña, sopa e lentellas. Os rapaces desfrutaban facendo trasvases, amasando, manipulando, en definitiva, experimentando con diversos materiais.
Hoxe, aproveitando que o día está moi feo, ímonos meter na cociña e imos a elaborar unha receita que non sendo para comer, de seguro que vai a ser unha boa proposta para ter aos pequechos entretidos. Iso sí... tede a vasoira á man!!
RECEITA DE AREA CINÉTICA
INGREDIENTES:
- Medio kilo de fariña.
- 50 ml de aceite (xirasol ou oliva).
- Colorante alimenticio (opcional).
PREPARACIÓN:
Vertemos nun recipiente a fariña e engadímoslle o aceite. Mezclamos ben ata obter unha masa homoxénea e pouco a pouco ímola desmenuzando. Se non se pode separar con facilidade debemos engadirlle un pouco máis de fariña. Se queda demasiado seca engadirémoslle un pouco máis de aceite.
Unha vez lista, esta area ten moitas posibilidades, como material sensorial para manipular, modelar ou como base para formar minimundos para os animais ou os coches.
Espero que vos guste, nada máis de momento, así que mans á masa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario