viernes, 19 de junio de 2020

HAPPY SUMMER!

Pasade boas vacacións rapaces, rapazas e familias, e disfrutar do verán xogando, xogando e xogando!

Anahí

martes, 16 de junio de 2020

MÚSICA INFANTIL 4 ANOS

EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
10ª  semana

  • Canción “Os superheroes” de María Fumaça
  • Debuxos musicales: Debuxa co rato e logo escoita. Demostra as túas dotes artísticas


RELIXIÓN - DESPEDIDA

Para todos vós, e tamén para as vosas familias, o meu aplauso e admiración.
Gracias por todo o que vos esforzastes neste curso tan extraordinario: fixestes quilos de tarefas nunha situación moi especial.
De todo se sale e de todo se aprende. Agora poderemos valorar aínda máis regalos maravillosos que non se compran: tempo, corazón, esperanza, alegría,...
Quero desexarvos unhas moi felices vacacións e un merecidísimo descanso e espero vervos felices o próximo curso, como sempre.

                                                                          Profe Manolo 

domingo, 14 de junio de 2020

VENTANITA DE MI CASA...

Hola familia!
Desde a Aula de Candi e para todos, queremos propoñer para esta última semana deste "inesperado" curso, unha sinxela actividade recordando un dos poemas que na aula recitabamos moitas veces. Contamos con Leoncio que nos achega  unha fermosa obra de arte de Salvador Dalí, convidando a botar unha mirada ao mundo dende unha xanela. Que vedes vos desde a vosa xanela favorita? Contádenos a través de letras, debuxos, recortes...


Andrea del Missier fixo este cadro superchulo dunha paisaxe vista dende unha xanela. Saberiades decir cantos animaliños vedes nel?




jueves, 11 de junio de 2020

TEACHER ESTHER PROPÓN ...

HELLO!
Desde a Aula de Candi, teacher Esther proponnos estas actividades para practicar inglés e pasar un momento xeitoso e divertido. Así que desfrutade e soltade ese corpiño!!


miércoles, 10 de junio de 2020

SESIÓN DE RELAXACIÓN

Ola Pequech@s!!!
Esta semana propóñovos unha sesión de relaxación. Faredes exercicios para relaxar algunhas partes do corpo e escoitaredes música relaxante.
A desfrutar e moitos bicos!!!


lunes, 8 de junio de 2020

CARGANDO PILAS CON MOITAS VITAMINAS

Olaa familias!

Desde a Aula de Candi e para tod@s os nenos e nenas de infantil, propoñemos repoñer forzas e enerxía facendo unha "Festa da froita". O noso amigo Leoncio nos convida a preparar  divertidas e sabrosas recetas "artísticas".







ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Bos días rapaces e rapazas,

xa chega o bo tempo, así que esta semana vos envío unhas propostas para xogar na praia e no xardín. Pasádeo moi ben!



domingo, 7 de junio de 2020

MÚSICA INFANTIL 4 ANOS


EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
9ª  semana

  • Escoitamos coa imaxinación. Escoita esta música e fai un debuxo para expresar o que che suxire.

Acende a túa IMAXINACIÓN!

RELIXIÓN - O NOSO BAUTISMO

Olaaa!!:
Imos a pola última actividade que faremos este curso dende a clase de reli.
Podemos pedir a algún maior que nos axude a rebuscar nos álbums de fotos. Aqueles que forades bautizados, de seguro que teredes fotos dese día. Elixide unha.
Logo, intentade convencer a alguén que estivese con vós nese día tan especial ( papá, mamá, un avó, padriño, madriña, tía ) para que se sente con vós  e vos comente a foto, o que pasou: onde vos levaron, como iades vcestidos, quen foron os padriños, quen vos acompañou, anécdotas,...
Familia, aproveitade o momento e conversade con eles, que vos pregunten...seguro que será proveitoso.
Déixovos para ilustrar dous cortos sobre o Bautismo de Xesús e sobre os elementos do Bautismo (inda que é para nenos algo máis maiores haberá detalles que vos chamen a atención e vos irá sonando):
                                              
                                            O bautismo de Xesús
                                                
                                                       


Elementos do Bautismo


      

E aquí rematamos o curso. Espero que descansedes moito e disfrutedes do verán todo o posible. Seguro que nos vemos!! Un abrazo moi, moi, moi forte a tod@s.
                                                                                                                      Profe Manolo         
             


   

jueves, 4 de junio de 2020

SEGUIMOS XOGANDO...SEGUIMOS APRENDENDO (II)


    COMO XA SABEDES ESTES DÍAS ESTAMOS A CONMEMORAR O DIA DO MEDIO AMBIENTE E O DIA DOS OCÉANOS

    CONTINUAMOS COA PROPOSTA DE ACTIVIDADES CONVIDÁNDOVOS A FACER ESTES XOGOS CON DIFERENTES MATERIAIS SENSORIAIS: DESDE LANZAMENTO DE ESPONXAS CON AGUA E TRASVASE DE TAPÓNS CON PALILLOS ATA FERMOSOS MANDALAS CON ELEMENTOS DA NATUREZA (PÉTALOS, PEDRAS, FOLLIÑAS...)







martes, 2 de junio de 2020

DIA DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCEANOS

OLAAA!
Dende os equipos de Dinamización, Biblioteca e Voz Natura, propoñemos varias actividades para celebrar o Día do Medio Ambiente (5 de Xuño) e o Día dos Océanos (día 8) , que nos invitan a reflexionar e respetar  a contorna que nos rodea. Desde contos, cancións, láminas para imprimir e completar , manualidades acuáticas (reciclando)... 
Convidamos a escoller o que máis vos guste para esta semana experimentando, manipulando e disfrutando mentras dialogamos sobre o que está nas nosas mans para coidar o planeta.
GRAZASSSSSS POR COIDAR DO PLANETA , O PODER ESTÁ NAS VOSAS MANS!
I´VE GOT THE POWER









COMO EXEMPLO:




MÚSICA INFANTIL 4 ANOS

EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
8ª  semana

  •  Investigamos e escoitamos a “Música favorita da miña familia”. Buscar as cancións en Youtube e subilas ao muro, podedes enviar unha por cada membro da familia. Na descrición escribir: “Esta é canción favorita de...” (papá, mamá, avoa...).

PSICOMOTRICIDADE

Bos días rapaces e rapazas

esta semana vos envío unha proposta máis tranquiliña.  Vos deixo uns contos para que vexades e escoitedes, algúns xa os vimos nas clases de psicomotricidade da man de Katie, seguro que vos soan. Aproveitade para repetir as palabras que din, e facer os xestos ou accións que fan os protagonistas. Algúns xa me mandastes vídeos e comprobei que o estades a facer, moi, moi, moi ben. Unha aperta forte!


MINITORRIÑOS

AULA DE CANDI

lunes, 1 de junio de 2020

SEGUIMOS ARTISTEANDO

Recordades a última obra de arte de grafo creativa? tiñamos que unir os puntiños de cores con liñas da mesma cor. Pois hoxe imos a facer o mesmo pero dándolle unha volta, apuntádesvos?

 Ingredientes: 
  • Cartolinas ou papeis de cores. 
  • Pegamento.
  •  Tesoiras.
  • Unha cartolina grande (base) pode ser branca ou negra. 
Paso 1: temos que buscar pola casa obxectos que teñan forma circular de distintos tamaños, marcamos a súa circunferencia nas cartolinas de cores, recortamos os círculos e pegámolos na cartolina de base. 

 
PASO 2: recortamos tiras de cores e unimos os círculos da mesma cor coas tiras facendo pontes.
 

 
Paso 3: admirar o voso traballo, esforzo e creatividade!