Recordades a última obra de arte de grafo creativa? tiñamos que unir os puntiños de cores con liñas da mesma cor. Pois hoxe imos a facer o mesmo pero dándolle unha volta, apuntádesvos?
Ingredientes:
- Cartolinas ou papeis de cores.
- Pegamento.
- Tesoiras.
- Unha cartolina grande (base) pode ser branca ou negra.
Paso 1: temos que buscar pola casa obxectos que teñan forma circular de distintos tamaños, marcamos a súa circunferencia nas cartolinas de cores, recortamos os círculos e pegámolos na cartolina de base.
PASO 2: recortamos tiras de cores e unimos os círculos da mesma cor coas tiras facendo pontes.
Paso 3: admirar o voso traballo, esforzo e creatividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario