Imos a pola última actividade que faremos este curso dende a clase de reli.
Podemos pedir a algún maior que nos axude a rebuscar nos álbums de fotos. Aqueles que forades bautizados, de seguro que teredes fotos dese día. Elixide unha.
Logo, intentade convencer a alguén que estivese con vós nese día tan especial ( papá, mamá, un avó, padriño, madriña, tía ) para que se sente con vós e vos comente a foto, o que pasou: onde vos levaron, como iades vcestidos, quen foron os padriños, quen vos acompañou, anécdotas,...
Familia, aproveitade o momento e conversade con eles, que vos pregunten...seguro que será proveitoso.
Déixovos para ilustrar dous cortos sobre o Bautismo de Xesús e sobre os elementos do Bautismo (inda que é para nenos algo máis maiores haberá detalles que vos chamen a atención e vos irá sonando):
O bautismo de Xesús
Elementos do Bautismo
E aquí rematamos o curso. Espero que descansedes moito e disfrutedes do verán todo o posible. Seguro que nos vemos!! Un abrazo moi, moi, moi forte a tod@s.
Profe Manolo
No hay comentarios:
Publicar un comentario