martes, 31 de marzo de 2020

CONTOS DE PROFES III


Hoxe subimos este contiño esperando que o disfrutedes moito!!!  Se vos animades, podedes seguir facendo figuriñas de papel como estas...



lunes, 30 de marzo de 2020

DÍA DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este xoves 2 de abril é o Día Mundial de concienciación sobre o autismo e queremos celebralo. No noso colexio os facemos varias propostas que podedes facer dende as vosas casas: poñer ou pintar un globo de azul, pintar as vosas mans de azul, colorear un lazo de cor azul,  facer un cartel... e poñelo nas vosas xanelas ou balcóns. Tamén podedes facer a proposta da Cofederación de Autismo de España: O xoves 2 de abril ás 21:00 sae ao teu balcón ou dende a xanela e ilumina de azul co teu móvil ou linterna. 
 Nos esquezades que a todo o que fagades lle saquedes unha foto e a mandedes a: torredaspalabras@gmail.com. Animádevos a participar!!!

 




 

RELIXIÓN - DÍA DE RAMOS

Olaaa! O vindeiro domingo celebramos o Día de Ramos, que da comezo a unha das festas cristiás máis importantes. Déixovos un enlace a un vídeo cortiño para que o vexades (os de reli e os que non o son, tamén se queredes, por suposto).
Ó rematar de velo, os de reli podedes intentar debuxar nun folio unha palma e logo colorear e adornar como vos guste. A ver que sae, seguro que algo moi chulo!.


DÁLLE VOZ

Ola familias! 
Comparto con vos uns enlaces de música que escoitábamos moi a miúdo na aula, así a ver se nos podemos teletransportar a aqueles felices días nos que bailábamos e cantábamos todos xuntos.




CONTOS DE PROFES II

A profe Alba e a profe Mariló convídannos a escoitar e interactuar con  dúas historias lidas por elas... 
Esperamos que vos gusten e pasedes un ratiño ben agradable !

 https://drive.google.com/open?id=1zQ-toXdgzdiBqIHwNQvroSsNAenGWsTq
https://drive.google.com/open?id=1JNNg34HmZ-Yxgg_zkiwusU6W5y8Ow7i6

CONTO CON PAPIROFLEXIA



Dende  o recanto sensorial...Qué tal se esta semana buscamos un anaquiño de tempo para mellorar a nosa motricidade fina e crear historias a partir da técnica de origami? Anímadevos e mostrade as vosas creacións!




viernes, 27 de marzo de 2020

CORONAVIRUS EN PICTOS

A profe Mariló quere compartir con todos vós este material. Trátase da historia social en pictogramas da situación que estamos a vivir. Compartídea cos nenos, lédella e que vaian asociando cada palabra ao seu pictograma. Esperamos que lle saquedes proveito.







jueves, 26 de marzo de 2020

BAILAMOS "CUPID SHUFFLE"

Moi boas, Familias!

Que tal van esas actividades na casa? Seguístedes as propostas de Psicomotricidade das titoras, como facer carreiras, saltos, xogos con pelotas, imitar os movementos dos animais...? Lembrade, mentres facedes os diferentes movementos, expresarvos en Inglés (running, jumping, playing with the ball.....).

En liña con isto, vos facemos unha proposta de Baile, que vén da man de Katie, a nosa Auxiliar de Conversa. Nos Estados Unidos, todos os rapaces e rapazas bailan o CUPID SHUFFLE, que é un "line dance" moi divertido para bailar todos e todas á vez, e que vos amosamos a continuación nunha versión moi sinxela. Atrevédesvos?


miércoles, 25 de marzo de 2020

MIRA , ESCOITA, CREA

Un dos personaxes de conto que máis nos gusta e nos resulta entrañable é o pequeno monstro de cores que se fai un tremendo lío coas súas emocións. Ao igual que nós, nestes momentos tamén está un pouco liado, son moitas as emocións e sentimentos que xurden ante o  que estamos vivindo ... Pero hai unha maneira de comprendelo, preparade a vosa supervisión e superoído e prestade atención a este contiño!!




Queredes continuar co monstro de cores? Aquí tedes unha canción, feita por profes, para recordar as súas primeiras liadas...Aproveitade para cantar e bailar... e lembrade que hai moitas linguaxes para comunicarnos!




E qué tal se seguimos cun pouco de actividade artística? Seguro que se vos ocorren moitas ideas creativas relacionadas con esta personaxe. Aqui deixamons unha pequeniña escolma ...animádevos a subir as vosas creacións!!!









Celebración día da poesía


Ola familias!!

Como sabedes o sábado pasado 21 de marzo foi o día da poesía, aquí vos deixo un dos meus contos rimados preferidos para que llo poñades aos peques, ademais dalgunhas suxerencias para traballar despois do conto. 


Despois de escoitar o conto deixade aos rapaces fedellar libremente con fíos de lá. Facede anaquiños de distintos colores, nudos, e ata podedes facer obras de arte pegándoos nunha cartolina.
Aquí vos deixo algunhas ideas:  




O día 21 de marzo tamén foi o día mundial do síndrome de Down, polo que a escoita deste conto nos leva tamén a coñecer a unha persoa que expresou a súa arte a través do uso deste material.
Judith Scott naceu con Sindrome de Down no ano 1943 en Ohio, e coñecíase como a muller araña, xa que calquer cousa que collía nas súas mans lle servía para para desenvolver a súa arte enredando con lá ou outros fíos.


Deixade voar a vosa imaxinación e facede as vosas propias creacións inspirádovos no arte textil de Judith Scott, e lembrade, todo vale para atrapar nos fíos da telaaraña!!

martes, 24 de marzo de 2020

HOXE CONTO CON...

O profe Manolo convÍdanos a escoitar , disfrutar e a pensar con este contiño... Afinade o voso superoído, prestade atención e comentade os vosos pensamentos ...

GRAZAS PROFE!!!!





CONCURSO ADIVIÑAS

Ola a tod@s!!!! Os equipos de biblioteca e dinamización  decidiron que este ano faremos o concurso de adiviñas de forma virtual. Todos os martes e xoves teredes unha adiviña neste blog e a resposta a tedes que mandar a torredaspalabras@gmail.com poñendo tamén o voso nome e curso. 
Comezamos este xoves e non esquezades que o título do proxecto deste ano é: "I´ve got the power"!!!

PEQUENOS GRANDES ARTISTAS

Olaaaa!
Dende os recanto sensorial facemos una pequena proposta : Que tal se estes días xogamos e creamos cos pés e as mans? Podemos utilizar a contorna e as pegadas destas partes do corpo e deixar voar a nosa imaxinación! Non importa o soporte, non importa o resultado final o que nos importa é o proceso, o momento creativo, a experimentación e pasar un momento lúdico que poderemos compartir proximamente. Non esquezades poñer a data e animadevos á subir as vosas obras de arte ao muro...

Velaí vai un par de ideas que podedes mirar escoitando música agradable e co arrecendo das flores de primavera!






https://www.pinterest.es/pin/453808099954659575/

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-animales-con-huellas-de-manos/


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

VELAÍ VAI UNHA PEQUENÍSIMA ESCOLMA DE POEMAS ATOPADOS NA REDE E COMPARTIDOS  PARA LER NESTE DÍA DA POESÍA.  ANIMAROS A FACER UN DEBUXO,  UNHA MANUALIDADE OU A INVENTAR A VOSA PROPIA POESÍA  E COMPARTILA!



Resultado de imaxes para: POESIAS EN GALEGO PARA NENOS

Resultado de imaxes para: POESIAS EN GALEGO PARA NENOS








FELIZ DIA DA POESÍA!!

viernes, 20 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA!






Bos días!! Hoxe comezou a primavera.Velaí vai algunhas actividades que podedes facer nestes días como fariamos na escola.
Escoitamos música, facemos algunha manualidade, podedes imprimir e pintar animais ou xogar un pouquiño no voso ordenador e  axudar as vosas familias co voso sorriso .

E sempre ánimo!!



https://www.educapeques.com/dibujos-para-pintar-y-colorear/dibujos-de-primavera-para-colorear.html

https://www.symbaloo.com/mix/recursospara3a6anos

CONCERTO ONLINE Á VISTA!!

Hoxe venres 20 podedes pasarvos pola conta de Instagram de Paco Nogueiras que nos ofrecerá un concerto en directo as 16:45.https://www.instagram.com/paconogueiras/

lunes, 16 de marzo de 2020

RAP PARA APRENDER

Velaí vai unha maneira lúdica e entretida de aprender a espirrar e tusir! E aínda que non é algo creado recentemente, non pode ser máis apropiado nestes momentos. Grazas!!

RECOMENDACIÓNS PARA O PERÍODO DE CONVIVENCIA FAMILIAR

Ola familias!!
A situación que estamos a vivir provoca que nos teñamos que quedar confinados na casa, e en moitas ocasións non sabemos que imos a facer cos rapaces na casa tanto tempo. 
Aquí vos deixamos algunhas cousas que podedes facer cos pequechos. Con estas recomendacións referímonos a que son voluntarias dependendo sempre da vosa dispoñibilidade e circunstancias persoais e laborais.
Aproveitade este tempo de parón para desfrutar en familia,  normalmente vivimos sempre á présa e pérdemonos moitos detalles da convivencia familiar.
Estas son algunhas suxestións: