jueves, 26 de marzo de 2020

BAILAMOS "CUPID SHUFFLE"

Moi boas, Familias!

Que tal van esas actividades na casa? Seguístedes as propostas de Psicomotricidade das titoras, como facer carreiras, saltos, xogos con pelotas, imitar os movementos dos animais...? Lembrade, mentres facedes os diferentes movementos, expresarvos en Inglés (running, jumping, playing with the ball.....).

En liña con isto, vos facemos unha proposta de Baile, que vén da man de Katie, a nosa Auxiliar de Conversa. Nos Estados Unidos, todos os rapaces e rapazas bailan o CUPID SHUFFLE, que é un "line dance" moi divertido para bailar todos e todas á vez, e que vos amosamos a continuación nunha versión moi sinxela. Atrevédesvos?


No hay comentarios:

Publicar un comentario