miércoles, 25 de marzo de 2020

MIRA , ESCOITA, CREA

Un dos personaxes de conto que máis nos gusta e nos resulta entrañable é o pequeno monstro de cores que se fai un tremendo lío coas súas emocións. Ao igual que nós, nestes momentos tamén está un pouco liado, son moitas as emocións e sentimentos que xurden ante o  que estamos vivindo ... Pero hai unha maneira de comprendelo, preparade a vosa supervisión e superoído e prestade atención a este contiño!!




Queredes continuar co monstro de cores? Aquí tedes unha canción, feita por profes, para recordar as súas primeiras liadas...Aproveitade para cantar e bailar... e lembrade que hai moitas linguaxes para comunicarnos!




E qué tal se seguimos cun pouco de actividade artística? Seguro que se vos ocorren moitas ideas creativas relacionadas con esta personaxe. Aqui deixamons unha pequeniña escolma ...animádevos a subir as vosas creacións!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario