miércoles, 25 de marzo de 2020

Celebración día da poesía


Ola familias!!

Como sabedes o sábado pasado 21 de marzo foi o día da poesía, aquí vos deixo un dos meus contos rimados preferidos para que llo poñades aos peques, ademais dalgunhas suxerencias para traballar despois do conto. 


Despois de escoitar o conto deixade aos rapaces fedellar libremente con fíos de lá. Facede anaquiños de distintos colores, nudos, e ata podedes facer obras de arte pegándoos nunha cartolina.
Aquí vos deixo algunhas ideas:  




O día 21 de marzo tamén foi o día mundial do síndrome de Down, polo que a escoita deste conto nos leva tamén a coñecer a unha persoa que expresou a súa arte a través do uso deste material.
Judith Scott naceu con Sindrome de Down no ano 1943 en Ohio, e coñecíase como a muller araña, xa que calquer cousa que collía nas súas mans lle servía para para desenvolver a súa arte enredando con lá ou outros fíos.


Deixade voar a vosa imaxinación e facede as vosas propias creacións inspirádovos no arte textil de Judith Scott, e lembrade, todo vale para atrapar nos fíos da telaaraña!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario