domingo, 28 de enero de 2018

PREPARANDO O ENTROIDO

Case non queda nada para unha das festas que máis lles gusta os cativos. O Entroido!!!!!
Esta semana comezamos a confecionar a nosa vestimenta.
Nas seguintes  fotos os nen@s de 4 anos están cosendo un complemento. 
Xa tedes unha pista para adiviñar o noso disfrace.






viernes, 26 de enero de 2018


VISITA DA PROTECTORA DO MORRAZO


Hoxe viñéronnos facer una visita as responsables da protectora de animais do Morrazo. Con elas tamén viñan dous cans marabillosos, Leo e Chispa, que nos roubaron o corazón. As responsables contáronnos que coma eles, case un cento máis, está buscando un fogar para entregarlle o seu amor incondicional. Así que xa sabedes, non merquedes, ADOPTADE, e se non o podedes facer , visitade o noso "Mercadillo pola Paz" e aportade o voso gran de area para poder axudar a estas criaturas adorables.

miércoles, 17 de enero de 2018

RADIO NO COLE

Hoxe os nen@s de 4 anos dimos un paseo polo colexio e atopamos un sitio novo. Nel hai micrófonos de cores, cascos, ordenador e unha mesa con moitos botóns e luces...É unha RADIO!!!


Entramos, sentamos e falamos diante dos micros e despois escoitamos as nosas voces. 





Foi xenial, queremos repetir!!!

martes, 16 de enero de 2018

NEVE NA ESCOLA

Chegou o inverno e na aula de 4 anos fixemos un experimento xenial. Onde nós vivimos é moi raro que neve e algúns nen@s da clase non sabían como era. Así que decidimos que a neve chegara ao colexio.


Para facelo necesitamos: Un cueiro de bebé, un recipiente, auga e tesoiras.



 Cortamos o cueiro e sacamos a celulosa, a puxemos no recipiente e a cubrimos con auga fría e.... NEVE!!!.


Xogamos con ela e desfrutamos deste frío experimento!!!!!