domingo, 31 de mayo de 2020

CALENDARIO XUÑO

Olaaa nenos e nenas!
 Entramos nun novo mes, e dende a Aula de Candi,  convidámosvos a descargalo e a telo cerca de vos para ir marcando os días que van pasando e o actual. Activade os vosos superpoderes e  fixádevos en varias curiosidades (cor, números punteados, números escritos por vos, números que faltan por escribir, ...) 
Observade e comentade!!

SEMPRE APRENDENDO!!

RELIXIÓN - O VALOR DE COMPARTIR.

Olaaa! Cómo estamos?:
Propóñovos para esta semana traballar sobre o valor cristián de Compartir.
Compartir conleva o valor de dar (xenerosidade) e de recibir o que nos ofrecen. Podemos compartir ideas, bens materiais, actividades, sentimentos, experiencias,...
Desta vez pídovos ós maiores (papás, avós, tíos) que compartades cos vosos nenos/-as un momentiño e vexades xuntos estes dous vídeos. Logo dedicádelle tres minutos a dialogar con eles sobre como temos que querer a todos e compartir as nosas cousas.
                




  Espero que vos gustasen e moitas grazas pola axuda!.                                             

viernes, 29 de mayo de 2020

CONTIÑO...

Ola a todos!!
Hoxe traíovos un conto, que na mesma liña de Grisela, fala da aceptación dun mesmo.


 Na casa, gustounos moito a idea de Corvo de pintarse coma os outros paxariños e intentámolo. Que tal se o facedes vós tamén? 


jueves, 28 de mayo de 2020

DESPERTAMOS E BAILAMOS

Olaaaa!
Comecemos o día con alegría e preparémonos para un estupendo fin de semana. Desde a Aula de Candi, deixamos para tod@s estas coreografías para disfrutar e sorrir...



<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/1I3aMmVjMaY" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>

miércoles, 27 de mayo de 2020

EXERCICIOS DISCRIMINACIÓN AUDITIVA

Ola pequech@s!!!
Esta semana imos a traballar a estimulación auditiva, así saberemos como funcionan os nosos oídos. O que faremos é discriminar sons de animais, producidos polo corpo, dos transportes, do medio ambiente, de obxectos, da casa, da rúa... A continuación deíxovos varios vídeos para adiviñar sons.
Moitos bicosss!!!


SEGUIMOS XOGANDO ... SEGUIMOS APRENDENDO (I)

Ola familias! 
Qué tal unhas pequenas actividades  sensoriais para practicar  e controlar a nosa atención, concentración, lateralidade, recoñecer os sentidos do corpo, agudeza visual, forza e coordinación ollo-man e ollo-pé? Desde a Aula de Candi cada semana iremos propoñendo actividades sensoriais con diferentes materiais para todos os nenos e nenas de infantil durante o mes de xuño. Velaí vai un par delas para ir entrenando...




TEACHER ESTHER PROPÓN...

HELLO!

Desde a Aula de Candi, Teacher Esther , propón super actividades para facer esta semana. Seguro que vos ides divertir un montón  mentras non parades de aprender. 
See you soon boys and girls!






lunes, 25 de mayo de 2020

ACTIVIDADES NATUREZA PRIMAVERAL

Ola familias!!!
Desde a Aula de Candi, propoñemos para esta semana continuar con actividades relacionadas coa natureza. Desde pulseiras, ata facer xeo con flores... Esperamos que vos gusten!! Pero primeiro un pouquiño de relax e concentración facendo ioga coa actividades que atoparedes máis abaixo: "El cuento de las mariposas"




.
E VOS ATREVEDES A FACER ESTE XOGO SENSORIAL? SÓ PRECISADES PAPEL, LÁPIZ, CELO E CONCENTRACIÓN. TRÁTASE DE IR ESCRIBINDO O QUE ESTAMOS A PERCIBIR E SENTIR NA NOSAS COSTAS. PROBADE!!!.



E QUÉ TAL  APROVEITAMOS TAMÉN AS PEDRAS DOS CAMIÑOS?


NON FAGADES TODO O MESMO DÍA!!!!!!!
BICOSSSSSSS



ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Boas, rapaces e rapazas,

esta semaniña, volvemos a facer xogos de coordinación, equilibrio e lateralidade. Moi sinxelos, para que o pasedes ben é á vez non vos esquezades de falar en inglés. Gracias a toda a familia por practicar tamén o voso inglés con eles e elas. Unha aperta e a pasalo ben!





MÚSICA INFANTIL 4 ANOS

 Olaa!
Desde a Aula de Candi, Profe Jose proponnos para esta semana estas actividades. Disfrutade!

EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
7ª  semana

  • Canción: “El juego de imitar”. Segue os movementos da canción
  • Constrúe un instrumento con material reciclado. Aquí vos deixo unha páxina con algunhas ideas:

domingo, 24 de mayo de 2020

RELIXIÓN - O VALOR DA IGUALDADE

Esta semana imos  presentar o valor da igualdade a través do conto: "El príncipe ceniciento". 
Todos coñecemos o conto da cenicienta pero...este conto amosa o valor da Igualdade (compartir as tarefas da casa, eliminar estereotipos sexistas,...)
                                                       
                                                                 Escoitade atentos!

                                                             

Xenial! Pois propóñovos unha actividade moi sinxela: Realizar un dibuxo alusivo a este conto!.
              
                                                Amosade a vosa creatividade!
                                            

viernes, 22 de mayo de 2020

AUTOACEPTACIÓN

Hola familias!! 
Hoxe quero compartir con vos unha historia preciosa para os peques que fala da autoaceptación.


¿Cómo falar de este termo con eles? 

Despois da escoita do conto, podemos verbalizar cales son as cousas que mais nos gusta de nós, cales as que menos, falar tamén dos nosos erros e equivocacións, sempre compartindo con eles que os adultos tamén temos cousas que non nos gustan e tamén nos equivocamos. Pero o máis importante é sacar forza e querer aprender dos nosos erros, aprender para mellorar, sempre cunha actitude positiva.

Aínda que as veces tamén nos fai falta estar un pouco tristes, pero sempre coa decisión de volver a estar contentos, como Grisela, que, contando coa axuda dun amigo, puido ver o bonita que era e volver a sorrir. 

Podedes facer unha Grisela persoal, aquí vos deixo un modelo por se vos animades a facela:

 
Para o corpo empregamos un rolo de papel hixiénico, decorádeo como máis vos guste!!


jueves, 21 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Moi boas nenos e nenas,

esta semana vos propoño facer coas vosas familias Xogos tradicionais, recordando o Día das Letras Galegas. Xa mirei que na Aula de Candi os nenos e nenas o fixeron moi, moi ben, pero como as clases de psicomotricidade son en inglés, que vos parece se facemos uns poucos nesta lingua? E a ver como se lles da tamén aos MINITORRIÑOS!. Algúns dos xogos xa os fixemos na clase e nos enlaces volo explico todo moi ben. Tamén vos deixo algúns vídeos para entendelo mellor todavía. Espero que o disfrutedes moito. Unha aperta!



PENSAMENTO CREATIVO

Ola Pequech@s!!!
Hoxe a miña proposta é traballar o voso pensamento creativo e imaxinación. Máis abaixo tedes unha colección de tarxetas coas que poñer a funcionar a vosa creatividade. Debedes dicir ou escribir os diferentes usos que poden ter os obxectos que aparecen nas tarxetas. 
Así que a deixar voar a imaxinación!!!










miércoles, 20 de mayo de 2020

UNHA DE GRAFO CREATIVA

Ola chic@s!!

Animádesvos a facer unha obra de arte creativa? Esta é ben sinxela, seguide os pasos:

1. Debuxamos puntos de cores, importante que polo menos haxa dous da mesma cor.




     2. Unimos con liñas da mesma cor os puntos que son da mesma cor.




   3. Cantos máis puntos poñamos máis complicado temos a cousa! que ningún punto quede sen unir!!



Espero que a desfrutedes!!

PASAPALABRA ABECEDARIO

Ola familias!!

Dende o equipo de Dinamización da lingua, propoñemos este xogo lúdico e superentretido atopado na rede  , onde os vosos cativos e cativas pasarán un ratiño ben agradable mentras xogan e se divirten. É un pasapalabra DO ABECEDARIO ideal para estas idades. 

Esperamos que vos guste!!

https://view.genial.ly/5ebe294b8e243b0d5a32b0eb/presentation-gallego-pasa-palabra-comunicarnos

TEACHER ESTHER


HELLO! 
Dende a Aula de Candi, teacher Esther nos propón para esta semana as seguintes actividades lúdicas para pasar un ratiño ben agradable e disfrutar aprendendo. 




martes, 19 de mayo de 2020

MÚSICA MINITORRIÑOS


Ola familias! Aquí tendes a proposta de música para esta semana para os MINITORRIÑOS, esperamos que a desfrutedes moito!


EDUCACIÓN MUSICAL 3 anos
Terceiro trimestre
6ª  semana

  • Canción: “Badabadá” : seguir os movementos do vídeo

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DA RECICLAXE

Olaaa familia!

Sabedes que o domingo se conmemorou o día da reciclaxe? Dende a Aula de Candi e para todos os nenos e nenas facemos unha pregunta: sabedes de que material están feitos estes animaliños?





SERIADES CAPACES DE FACER ALGO DIFERENTE RECICLANDO ESE MATERIAL?? COÑECEDES OUTROS MATERIAIS PARA RECICLAR?


COMPARTIDE AS VOSAS CREACIÓNS E SORPRENDÉDENOS... 

E POLA VOSA ATENCIÓN,  VAI UN AGASALLO MUSICAL CHEO DE RITMO
 E UNHA MENSAXE MOI MOI IMPORTANTE!!



MÚSICA INF 4 ANOS

Olaaa!
Dende a Aula de Candi, profe Jose proponnos estas chulísimas actividades musicais para esta semana . 

EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
6ª  semana

  • Canción: “Jugar a aplaudir”
  • Cantamos a canción “Pola unha media lúa”: dar dúas palmadas despois de cada frase. Nos interludios musicais facemos que tocamos a frauta


RELIXIÓN - A FAMILIA.

O pasado venres, 15 de maio, celebrouse o día da familia. Aproveitando o feito, imos a traballar esta semana sobre a importancia da nosa familia e a do noso amigo Xesús.
Lembrádevos que a familia é a que nos brinda seguridade, nos quere, nos axuda, respecta, protexe,...


  • Propóñovos que vexades estes dous vídeos cortiños:
                                                                  ANA Y SU FAMILIA



LA FAMILIA DE JESÚS





               
  • Agora xa estades listos para facer un debuxo do que máis vos gusta facer coa vosa familia.
  • Este debuxo vainos servir para traballar as emocións: Como nos sentimos cando estamos en familia?.
          Busca e sinala a cariña correspondente á túa emoción na seguinte ficha:    

                                                                                                                                                    
           


UN SAÚDO MOI GRANDE

                                                  PROFE MANOLO                                            

viernes, 15 de mayo de 2020

DÍA DA FAMILIA

Ola pequech@s !!!
Hoxe é o Día da Familia e queremos celebralo cuns vídeos moi especiais. As historias están contadas con botóns e explican como poden ser as familias. Gustaríanos que os vísedes e despois fagades con botóns a vosa familia. E se queredes mandarnos a torredaspalabras@gmail.com unha foto ou vídeo explicando como é a vosa famlia.




Aquí tendes unha manualidade que podedes facer en familia. Trátase dun móbil do arco da vella. 



Para facelo precisamos de:
  • cartolinas de cores.
  • fíos de lá.
  • tesoiras.
  • pegamento.
  • celo.




Para facer as siluetas do arco da vella podedes coller calquer obxecto que teña forma circular e ir diminuíndo a súa circunferencia en 1,5cm. Os fíos pegaránse por detrás do arco da vella, ou como podedes ver na foto, podedes preparar unha silueta para forralo por detrás.
Nas pingas de agua podedes poñer as fotos dos membros da vosa familia ou daquelas persoas que aínda que non o sexan, así as considerades.
Un bico moi grande!!






miércoles, 13 de mayo de 2020

DESFRUTANDO DA NATUREZA CON CARVALHO

Ola familias! 

Como recordaredes este domingo 17 celebramos  o Día das letras galegas(dunha maneira diferente este ano)  Ademáis das propostas xa feitas anteriormente coñecer un chisco ao homenaxeado Ricardo Carvalho Calero, aproveitamos o seu apelido de nome de árbore para propoñer xogos e actividades coa natureza (árbores, plantas, bichiños)... Por certo, profe Finu agasállanos con este contiño sobre os bichiños que podemos atopar ao noso redor entre as prantas...
 Así que  que saíde a pasear, a disfrutar e descubrir!

    


NOME EN ARCO DA VELLA

Ola familias!!
Como xa sabedes, a mellor forma de iniciar aos pequechos no mundo da lectoescritura é a través do seu propio nome. Aquí vos deixo unha actividade súper chula na que os nenos desfrutarán moito facéndoa.
Neste caso precisamos de:
  • Rodillos de esponxa (ben poden valer pinceis, brochas, ou esponxas).
  • Témpera líquida de cores.
  • Cartolina branca (mellor en formato a3).
  • Pincel.
Coa cartolina en horizontal, comezamos a facer camiños de cores, empregaremos tantas cores como letras teña o seu nome, de maneira que se o seu nome ten poucas letras os camiños poden ser máis anchos e se o seu nome ten moitas os camiños serán máis estreitos.



Deixámolo secar, e unha vez seco collemos un pincel mollado en témpera negra e os nenos escribirán cada letra do seu nome nunha cor. 

martes, 12 de mayo de 2020

PROPOSTAS ESPECIALISTAS MINITORRIÑOS

EDUCACIÓN MUSICAL 3 anos
Terceiro trimestre
5ª  semana

Cancións:
(Unha vella tiña un can)
  (A mi burro)

INGLÉS



RELIXIÓN - O CORAZÓN...PARA QUERER.

Bo día, nen@s:
Esta semana imos traballar dende a aula de reli o corazón como símbolo do amor e o cariño cara ós demáis. Seguide os seguintes pasos:

1.- Debuxar un corazón en medio folio ou en cartulina blanca se tendes a man (haberá que axudar os máis pequenos).
2.- Escribir dentro en letras maiúsculas cun rotulador: PARA QUERER. (Os maiores xa poden intentalo sós).
3.- Decorar e colorear por dentro ó voso gusto.
4.- Os que xa poidan, pican ou recortan polo borde do corazón.
5.- Facerlle dous buratiños para pasarlle un cordón de lan e poder colgalo ó pescozo ou en calquera outro lugar. O cordón podemos rellenalo de macarróns pintados con rotuladores ou pintura de dedos para que quede máis vistoso.
6.- Podemos regalarllo a alguén da familia.

E para rematar, botamos unha ollada a este vídeo. A ver se vos gusta a canción.


PROFE MARILÓ

MANDALA

HOLA CHICOS Y CHICAS!
Durante estos días de confinamiento puede que en algún momento necesitéis un momento de paz, de descanso, de relax. El encierro puede ser muy duro. Y no solo para los pequeños de la casa, también para los mayores. Hoy os envío este bonito mandala de la mano de Anna Llenas, autora de El Monstruo de Colores, para que disfrutéis de un momento de tranquilidad apto para toda la familia.
Para quienes no conozcáis los mandalas, son «diagramas simbólicos que en el budismo representan la evolución del universo respecto a un punto central». En la actualidad se ha extendido su uso, sobre todo como técnica de relajación. Tan solo necesitas lápices de colores para dejar volar tu creatividad.

Relájate y déjate llevar por este bonito mandala diseñado por Anna Llenas: Todo irá bien.
PROFE MARILÓ!!

Descarga gratis el mandala "Todo irá bien", de Anna Llenas ...

TEACHER ESTHER

HELLO!

Dende a Aula de Candi, Teacher  Esther proponnos estas actividades para esta  segunda semana de maio ...
Apertas!!