lunes, 4 de mayo de 2020

MATEMÁTICAS CREATIVAS E LARPEIRAS

Ola familias! 

Aquí vos deixo unha proposta que de seguro será un acerto para traballar cos peques as formas xeométricas e a creatividade.




No mercado atopamos moita variedade de galletas, cadradas, circulares, ou rectangulares, aproveitade as que teñades na casa para facer composicións con elas, poden saír cousas moi chulas!Nós empregamos tamén palitos de pan, biscotes ou pan tostado nas nosas creacións.




Despois podedes marcar o contorno das galletas que empreguedes nun papel e facer un rexistro de cantas empregastes en cada composición, facendo distinción e nomeando aquelas que teñen forma xeométrica: círculo, cadrado rectángulo.



Non olvidedes de poñerlle un título chulo a vosa obra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario