Hola familias!!
Hoxe quero compartir con vos unha historia preciosa para os peques que fala da autoaceptación.
¿Cómo falar de este termo con eles?
Despois da escoita do conto, podemos verbalizar cales son as cousas que mais nos gusta de nós, cales as que menos, falar tamén dos nosos erros e equivocacións, sempre compartindo con eles que os adultos tamén temos cousas que non nos gustan e tamén nos equivocamos. Pero o máis importante é sacar forza e querer aprender dos nosos erros, aprender para mellorar, sempre cunha actitude positiva.
Aínda que as veces tamén nos fai falta estar un pouco tristes, pero sempre coa decisión de volver a estar contentos, como Grisela, que, contando coa axuda dun amigo, puido ver o bonita que era e volver a sorrir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario