jueves, 6 de diciembre de 2018

O NADAL ESTÁ CHEGANDO

Na aula de 3 anos comezamos a preparar o Nadal!!. 
Temos un montón de propostas que iremos escollendo segundo os nosos intereses infantís. 
 Falando falando,  apareceu unha caixa pechada, 
e a partir de ahí...







APRENDENDO A RELAXARSE

 Os peques de 3 anos, iniciámonos na práctica do ioga. 
Imos tratar de aprender a controlar a nosa respiración , o noso corpo... E como non,  A  RELAXARNOS!  
Esta vez  foi a través do conto "Conejito y sus amigos" da Editorial Cubilete.
 Seguiremos practicando!

lunes, 3 de diciembre de 2018

APRENDIZAXE NA AULA

Como non podía ser de outra maneira, a nosa aula laranxa (3 anos) é un lugar cheo de emocións, aventura, aprendizaxe, retos e  desenvolvemento de destrezas, entre outras.  Sempre a través do xogo, cancións, poemas, trabalinguas e aquelas experiencias que despertan a nosa curiosidade e que nos fan sentir ben cando as facemos. 
Compartimos algunha delas neste blog...
















XOGAMOS COA NOSA CREATIVIDADE!

Moitas veces chegan as nosas mans elementos aos que lle podemos sacar partido e divertirnos ao mesmo tempo que desenvolvemenos a nosa creatividade, o xogo social, motricidade, paciencia...
 Un deses elementos son cartóns grandes que chegaron as nosas mans e que deron en ser robots, xardín, autobuses ou unha gran casa con cociña salón e dormitorio!



 



 E HAI LIBROS FANTÁSTICOS QUE NOS INVITAN A CREAR!!


FLOTARÁ OU AFUNDIRÁ?

Aproveitando que Novembro é a mes da ciencia en galego, na aula realizamos varios experiementos.
Entre eles "FROITAS E HORTALIZAS FLOTANTES"










XA TEMOS AS NOSAS PRIMEIRAS SEMENTES!

Os nenos e nenas da aula laranxa (este curso os de 3 aniños), tamén estamos a investigar e a disfrutar do proxecto global que este ano temos no cole: " O despertar das sementes". Estamos a facer un montón de xogos, lecturas e outras actividades, que iremos poñendo aos poucos e as podades disfrutar dende a casa.

Hoxe compartimos unha das experiencias máis máxicas que vivenciamos!!

 
 


 



jueves, 29 de noviembre de 2018

A HORTA DE SIMÓN

Hoxe , os alumnos/as de 4 anos descobrimos una horta moi especial da man dun coelliño encantador, Simón.  

viernes, 2 de noviembre de 2018

         CELEBRAMOS O SAMAÍN







Este mércores celebramos no cole o día máis terrorífico do ano, O SAMAÍN, con obradoiros terroríficamente divertidos. Visitáronnos bruxas, zombies e vampiros, e o pasamos DE MEDO!!!

                                         RADIO

 O noso primeiro programa de Radio Faladoiro está nas ondas! Non vos predades as novidades do Samaín. Podedes acceder a el a través do enlace que hai na páxina principal do cole, no icono da radio. Esperamos que vos guste!

miércoles, 24 de octubre de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos no cole o "Día das bibliotecas escolares", así que na hora de ler, realizamos un apadriñamento lector que consistiu en que nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria nos leron uns contiños. Como remate a biblioteca do cole agasallounos cunhas chapas chulísimas!!

viernes, 19 de octubre de 2018

A NOSA HORTA

Hoxe os nenos e nenas da nosa clase investigaron sobre os productos que teñen nas súas hortas. Os tocamos, os contamos, os cheiramos, os comparamos... traballando cada un dos sentidos. Foi una experiencia marabillosa. Deste xeito comezamos a traballar o proxecto que levaremos a cabo durante este curso, "a horta"

domingo, 28 de enero de 2018

PREPARANDO O ENTROIDO

Case non queda nada para unha das festas que máis lles gusta os cativos. O Entroido!!!!!
Esta semana comezamos a confecionar a nosa vestimenta.
Nas seguintes  fotos os nen@s de 4 anos están cosendo un complemento. 
Xa tedes unha pista para adiviñar o noso disfrace.






viernes, 26 de enero de 2018


VISITA DA PROTECTORA DO MORRAZO


Hoxe viñéronnos facer una visita as responsables da protectora de animais do Morrazo. Con elas tamén viñan dous cans marabillosos, Leo e Chispa, que nos roubaron o corazón. As responsables contáronnos que coma eles, case un cento máis, está buscando un fogar para entregarlle o seu amor incondicional. Así que xa sabedes, non merquedes, ADOPTADE, e se non o podedes facer , visitade o noso "Mercadillo pola Paz" e aportade o voso gran de area para poder axudar a estas criaturas adorables.

miércoles, 17 de enero de 2018

RADIO NO COLE

Hoxe os nen@s de 4 anos dimos un paseo polo colexio e atopamos un sitio novo. Nel hai micrófonos de cores, cascos, ordenador e unha mesa con moitos botóns e luces...É unha RADIO!!!


Entramos, sentamos e falamos diante dos micros e despois escoitamos as nosas voces. 





Foi xenial, queremos repetir!!!

martes, 16 de enero de 2018

NEVE NA ESCOLA

Chegou o inverno e na aula de 4 anos fixemos un experimento xenial. Onde nós vivimos é moi raro que neve e algúns nen@s da clase non sabían como era. Así que decidimos que a neve chegara ao colexio.


Para facelo necesitamos: Un cueiro de bebé, un recipiente, auga e tesoiras.



 Cortamos o cueiro e sacamos a celulosa, a puxemos no recipiente e a cubrimos con auga fría e.... NEVE!!!.


Xogamos con ela e desfrutamos deste frío experimento!!!!!