viernes, 17 de enero de 2020

AS NOSAS MASCOTAS

                         OS NOSOS MELLORES AMIGOS

Para festexar o día dos animais, convidamos aos nosos peques a traer as súas mascotas ao cole. Parecerá unha tolería, pero este día converteuse en algo moi especial, xa que cada un presentou ao seu "mellor amigo peludo". Xunto a eles xogamos, rimos e ata nos relaxamos. Foi un día cheo de emocións!

jueves, 21 de noviembre de 2019

Merendas saudables

                               MERENDAS    SAUDABLES


Dende o cole queremos que os nosos peques aprendan a importancia que ten coidar a nosa alimentación para medrar fortes e sans, porque hoxe en día, por desgracia , existe unha alta porcentaxe de obesidade infantil.Así que,aproveitando a donación dunha mami moi "verde", degustamos unhas deliciosas tostadas de "pan tumaca" , pero non vos pensedes que escatimamos en materias primas: o pan artesán de espelta, centeno e multicereais, os tomates ecolóxicos e o aceite virxen extra, todo rico,rico

martes, 7 de mayo de 2019

                VIVIMOS A NOSA CONTORNA

Segundo a pedagoga Heike Freire o contacto coa natureza é vital para os seres humanos e, especialmente, entre os máis pequenos, xa que hai moitos beneficios que proporciona, permiten mellorar o desenvolvemento cognitivo ampliando a capacidade de razoamento e observación. Ademáis o xornalista estadounidense Richard Louv atreveuse a falar da existencia dun "trastorno de déficit da natureza", baixo o cal agrúpanse diferentes enfermidades cuxa causa común podería ser a falta de contacto co noso contorno natural.
Dende o cole de Cela e , en concreto, de Educación Infantil , somos seguidores desta "pedagoxía verde", fomentando innumerables actividades diarias no exterior, potenciando o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas e atopándonos con verdadeiros tesouros. Velaquí algún exemplos disto







.

domingo, 31 de marzo de 2019

Día da poesía

                                 DÍA DA POESÍA
Para celebralo Día da poesía, visitounos una persoa moi especial, a poetisa Miriam Ferradáns, que nos regalou uns versos que nos deixaron, coma sempre, enfeitizados, xa que a maxia das súas palabras nunca deixa indiferente a ninguén. E para demostralo, mirade as caras dos peques ,todo un agasallo!

sábado, 30 de marzo de 2019

XOGAR É APRENDER

Dentro e fora da aula continuamente estamos aprendendo! Onte venres, os peques da escola desfrutamos de diferentes xogos de mesa entre eles estes puzzles de máis de 24 pezas, e pasámolo de maravilla xogando coa nosa sombra e a dos demáis compañeir@s. 





viernes, 15 de marzo de 2019

PINCELADAS DO PROXECTO "O DESPERTAR DAS SEMENTES"

"Hortiña que quero tanto...e retrato que farei!!" Así mesmo esta semana e dando pinceladas do noso proxecto de centro "O despertar das sementes", os nenos e nenas da aula de 3 anos fixemos un retrato "sostible" e recoñecemos as partes dunha planta!!





domingo, 10 de marzo de 2019

TALLER DE EMOCIÓNS AECC

O xoves 7 de Marzo, recibimos de novo a visita da Asociación Española Contra o Cancro, esta vez foi un taller de emocións cheo de imaxes, situacións, e diálogos que nos fixeron desfrutar ao mesmo tempo que recoñecemos as nosas emocións e sentimentos.