miércoles, 13 de mayo de 2020

NOME EN ARCO DA VELLA

Ola familias!!
Como xa sabedes, a mellor forma de iniciar aos pequechos no mundo da lectoescritura é a través do seu propio nome. Aquí vos deixo unha actividade súper chula na que os nenos desfrutarán moito facéndoa.
Neste caso precisamos de:
  • Rodillos de esponxa (ben poden valer pinceis, brochas, ou esponxas).
  • Témpera líquida de cores.
  • Cartolina branca (mellor en formato a3).
  • Pincel.
Coa cartolina en horizontal, comezamos a facer camiños de cores, empregaremos tantas cores como letras teña o seu nome, de maneira que se o seu nome ten poucas letras os camiños poden ser máis anchos e se o seu nome ten moitas os camiños serán máis estreitos.



Deixámolo secar, e unha vez seco collemos un pincel mollado en témpera negra e os nenos escribirán cada letra do seu nome nunha cor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario