Hoxe é un día sinalado para a concienciación, concenciarnos para qué? Pois para entendernos como sociedade diversa. Entendernos, respectarnos, axudarnos, etc.
Aquí vos deixo un conto que é para min moi significativo, que fala de autocrítica cidadá, autoconcepto, autoestima, respecto, valoración e aceptación.
Despois da escoita do conto, estaría ben que reflexionárades cos rapaces sobre estes aspectos, de que cada un de nós temos un superpoder, que somos importantes, que todos somos diferentes e aportamos algo aos demais.
O ideal é que despois do conto debuxen o seu propio can salchicha coas características que os definen a eles como persoas, cos seus gustos e preferencias, pois, se a un lle gustan moito os puzzles pode decoralo facendo pezas de puzzle de diferentes cores, se lle gusta o fútbol con traxe curto medias e un balón, con gafas, con gorros, etc. Deixade voar a vosa imaxinación!!
Deixovos un modelo por se queredes que os rapaces o decoren, pero insisto, o mellor sempre son as súas produccións propias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario