viernes, 19 de junio de 2020

HAPPY SUMMER!

Pasade boas vacacións rapaces, rapazas e familias, e disfrutar do verán xogando, xogando e xogando!

Anahí

martes, 16 de junio de 2020

MÚSICA INFANTIL 4 ANOS

EDUCACIÓN MUSICAL 4 anos
Terceiro trimestre
10ª  semana

  • Canción “Os superheroes” de María Fumaça
  • Debuxos musicales: Debuxa co rato e logo escoita. Demostra as túas dotes artísticas


RELIXIÓN - DESPEDIDA

Para todos vós, e tamén para as vosas familias, o meu aplauso e admiración.
Gracias por todo o que vos esforzastes neste curso tan extraordinario: fixestes quilos de tarefas nunha situación moi especial.
De todo se sale e de todo se aprende. Agora poderemos valorar aínda máis regalos maravillosos que non se compran: tempo, corazón, esperanza, alegría,...
Quero desexarvos unhas moi felices vacacións e un merecidísimo descanso e espero vervos felices o próximo curso, como sempre.

                                                                          Profe Manolo 

domingo, 14 de junio de 2020

VENTANITA DE MI CASA...

Hola familia!
Desde a Aula de Candi e para todos, queremos propoñer para esta última semana deste "inesperado" curso, unha sinxela actividade recordando un dos poemas que na aula recitabamos moitas veces. Contamos con Leoncio que nos achega  unha fermosa obra de arte de Salvador Dalí, convidando a botar unha mirada ao mundo dende unha xanela. Que vedes vos desde a vosa xanela favorita? Contádenos a través de letras, debuxos, recortes...


Andrea del Missier fixo este cadro superchulo dunha paisaxe vista dende unha xanela. Saberiades decir cantos animaliños vedes nel?




jueves, 11 de junio de 2020

TEACHER ESTHER PROPÓN ...

HELLO!
Desde a Aula de Candi, teacher Esther proponnos estas actividades para practicar inglés e pasar un momento xeitoso e divertido. Así que desfrutade e soltade ese corpiño!!


miércoles, 10 de junio de 2020

SESIÓN DE RELAXACIÓN

Ola Pequech@s!!!
Esta semana propóñovos unha sesión de relaxación. Faredes exercicios para relaxar algunhas partes do corpo e escoitaredes música relaxante.
A desfrutar e moitos bicos!!!