domingo, 31 de marzo de 2019

Día da poesía

                                 DÍA DA POESÍA
Para celebralo Día da poesía, visitounos una persoa moi especial, a poetisa Miriam Ferradáns, que nos regalou uns versos que nos deixaron, coma sempre, enfeitizados, xa que a maxia das súas palabras nunca deixa indiferente a ninguén. E para demostralo, mirade as caras dos peques ,todo un agasallo!

sábado, 30 de marzo de 2019

XOGAR É APRENDER

Dentro e fora da aula continuamente estamos aprendendo! Onte venres, os peques da escola desfrutamos de diferentes xogos de mesa entre eles estes puzzles de máis de 24 pezas, e pasámolo de maravilla xogando coa nosa sombra e a dos demáis compañeir@s. 





viernes, 15 de marzo de 2019

PINCELADAS DO PROXECTO "O DESPERTAR DAS SEMENTES"

"Hortiña que quero tanto...e retrato que farei!!" Así mesmo esta semana e dando pinceladas do noso proxecto de centro "O despertar das sementes", os nenos e nenas da aula de 3 anos fixemos un retrato "sostible" e recoñecemos as partes dunha planta!!





domingo, 10 de marzo de 2019

TALLER DE EMOCIÓNS AECC

O xoves 7 de Marzo, recibimos de novo a visita da Asociación Española Contra o Cancro, esta vez foi un taller de emocións cheo de imaxes, situacións, e diálogos que nos fixeron desfrutar ao mesmo tempo que recoñecemos as nosas emocións e sentimentos.




ENTROIDO

Por fin chegou o día para desfrutar do entroido!!! Foron moitas as actividades que fixemos, desde participar nun mural global coñecendo diferentes tipos de máscaras e traxes, ata seguir as consignas de Torriño ou facer o  noso propio traxe para o desfile do cole. Velaeiquí unha pequena escolma fotográfica das nosas aventuras entroideiras.











Moitas grazas familia pola vosa colaboración!


8 DE MARZO

Os nenos e nenas de infantil xunto co alumnado  de 1º e 2º de primaria, desfrutamos da visita de dúas mulleres relacionadas coa ciencia,  Susana (nai de Brais), e Mª José (nai de Uxía). Con elas escoitamos, observamos, manipulamos e pasámolo en grande aprendendo curiosidades.





Ademáis escoitamos un manifesto elaborado por 5º de primaria e que tamén podemos atopar clicando en Radio Faladoiro.


Xunto coa profe Mariló escoitamos e conversamos sobre o conto Maruxa da editorial Kalandraka.