Mostrando entradas con la etiqueta RICARDO CARVALHO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RICARDO CARVALHO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2020

DESFRUTANDO DA NATUREZA CON CARVALHO

Ola familias! 

Como recordaredes este domingo 17 celebramos  o Día das letras galegas(dunha maneira diferente este ano)  Ademáis das propostas xa feitas anteriormente coñecer un chisco ao homenaxeado Ricardo Carvalho Calero, aproveitamos o seu apelido de nome de árbore para propoñer xogos e actividades coa natureza (árbores, plantas, bichiños)... Por certo, profe Finu agasállanos con este contiño sobre os bichiños que podemos atopar ao noso redor entre as prantas...
 Así que  que saíde a pasear, a disfrutar e descubrir!

    


sábado, 9 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

OLAA FAMILIAS!!

Sabedes que dentro dunha semana celebramos o Día das letras  galegas? Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, escritor, maestro, investigador da nosa lingua e literatura galega?

Desde o equipo de dinamización e biblio, e dunha maneira diferente, xa que non estamos no cole,  queremos aproximar aos peques da escola un anaquiño da vida e obra deste autor. Así que, precisamos da vosa axuda para que lle leades  unha  anécdota do   seu amor polos animais (contada no seu relato "As pitas baixo a chuvia" sendo un superheroe protector deles.  E ,  podedes contarlle tamén, que unha das superheroínas de Ricardo cando era pequeno  foi  Rosalía de Castro? 

Cando terminedes de ler, podedes facer a actividade proposta debuxando a Ricardo con superpoderes para coidar aos animais. Se vos apetece tamén hai un debuxo para pintar libremente. E por último, por curiosidade, sabiades que Ricardo tiña un lugar onde se sentía  libre e feliz, chamado Os Tumbos? Cal é o voso lugar favorito?




MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!
Máis curiosidades no blog de dinamización da lingua